Nada en Madrid e residente en Galicia desde 1991 onde desenvolve gran parte do seu traballo. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid con mención de honra en obra gráfica. Durante a súa traxectoria xamais deixou de formarse e investigar no seu propio traballo e noutras disciplinas, de maneira que incorporou diversos “ intermundos” ou mundos diferentes, que se intercalan, mestoranse e provocan coa suaves fusión unha nova linguaje.
É unha artista que fala, a través da paisaxe, da terra, do mar e, en definitiva, da natureza e sobre o paso do tempo, sobre o instante detido nos seus lenzos, sobre a calma, o pensamento, o silencio, permitindo que o espectador descubra por se mesmo a esencia da súa pintura. Expuxo desde 1989, con multitude de propostas, sen deixar de traballar, investigar e crear ata o de agora. Con máis de 40 exposicións individuais e numerosos proxectos colectivos en diferentes disciplinas e en lugares diversos, Galicia Madrid, Guadalajara, Málaga, Porto, París, Londres, Amberes… Neste campo con- seguiu varios premios e bolsas de traballo. Asi mesmo, participou en feiras de arte, sendo seleccionada en bienais internacionais. Ha compartido proxectos multidisciplinares con outros artistas. Desde escenografías ata comisariados de exposición, sempre en contacto coa creatividade .Hai que resaltar, neste sentido, os seus traballos no mundo da edición, ilustrando portadas de libros, carteis, contos e álbunes ilustrados.